SAFARI TIPOGRÁFICO

Safari tipográfico

 Non existe unha definición exacta para este termo, pero poderíase decir que e unha forma de viaxar na que coleccionamos coa nosa retina e coa nosa cámara pequenas xoias de lettering ou caligrafía.

Elexín 5 que me gustasen:

  • FOTOS RIOSS: este cartel paréceme totalmente estético e creo que representa á perfección, sen necesidade de entrar a preguntalo o que se oferta nese lugar, o detalle do dilatador da cámara na letra "I", e os cadrados dos bordes coma se fose unha fotografía antigua, todo está en perfecta combinación.
  • LOCALIZACIÓN: A Pobra do Caramiñal.

  • LOLIPOP: este cartel é moi simple, pero na miña opinión para nada cutre, é o cartel dunha tenda de golosinas, decidín indagar no nome, xa que nun primeiro momento pareceume moi obvio e a dona da tenda chámase LOLI, o que lle dou un toque diferente á percepción do cartel, o cal ten unhas cores que representan moi ben o sabor doce das golosinas.
  • LOCALIZACIÓN: A Pobra do Caramiñal.


  • MANIOTAS DEPORTE: é un cartel dunha tenda deportiva, o cartel en si non chama a atención, pero é moi lexible, e a raia de luz que ten entre palabra e palabra dalle un toque para centrar a vista. O que mais me gustou deste cartel, a parte da súa boa lexibilidade, "MANIOTAS" significa "AGUJETAS" en galego.
  • LOCALIZACIÓN: A Pobra do Caramiñal.



  • ENTRENA GALICIA: o nome é básico totalmente, pero a tipografía ten unha boa lexibilidade e unhas cores e luces que non castigan o ollo á hora de  miralo, o logotipo gústame porque é estético, pero como xa dixen antes, moi básico.
  • LOCALIZACIÓN: A Pobra do Caramiñal.




  • FORXA GALEGA: é unha tenda de obxectos feitos sobre todo con aluminio como portales, varandas etc. Gústame porque é unha tipografía simple que na miña opinión representa a firmeza do aluminio e do aceiro inoxidable, e a tipografía é recta e non da paso a distraerse, senón a leela sen mais.
  • LOCALIZACIÓN: A Pobra do Caramiñal.



Elexín 5 que non me gustasen:

  • LIBRARÍA LER: coma di o nome é o logotipo dunha libraria, non me gusta especialmente polas cores que empregan, o violeta e o amarelo combinados non me parece que dé a calidez da lectura, a cal queren representar coa letra "E" que está recostada cobre a "L" e cos "pes" na letra "R".
  • LOCALIZACIÓN: A Pobra do Caramiñal.


  • PSICOTÉCNICO CARAMIÑAL: o servicio xa está explicito no cartel, non me gusta, a cor marrón de fondo e as letras en branco con esa tipografía non chama para nada a atención do cliente e é cutre totalmente.
  • LOCALIZACIÓN : A Pobra do Caramiñal.

  • APRENDE: é o cartel dunha academia, non me gusta polo tipo de tipografía que ten e sobre todo pola obviedade do nome. Aínda que o libro de cores gústame xa que chama a atención.
  • LOCALIZACIÓN: A Pobra do Caramiñal.




  • BECA: é unha panadería, na miña opinión os monigotes nos logos xa non son comerciales e o personaxe deste cartel é demasiado detallado e cutre com o para velo de pasada, senón que obliga a pararte a miralo. Por outra parte a tipografía, tanto a colocación das palabras como a tipografía en si. Por último as cores do fondo verdes e laranxa, non lle vexo relación cunha panadería. A unha panadería péganlle mais as cores cálidos ou terrosos.
  • LOCALIZACIÓN: A Pobra do Caramiñal.




  • LAREVA : quizáis este é o cartel que menos me gusta, pola súa cutreza, é unha tenda de regalos, e decidiron poñerlle un regalo cutre coma logotipo,antiestético total. Logo a tipografía é moi simple e as cores vermello e verde fan forzar o ollo, e por último o tamaño é moi pequeno.
  • LOCALIZACIÓN: A Pobra do Caramiñal.

















Comentarios

Entradas populares de este blog

RETRATOS

ANUNCIO PUBLICITARIO