Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

PACKAGING CAFÉ

Imagen
PACKAGING CAFÉ Para facer este traballo comecei investigando o producto, atopei o apelido Santillana, este apelido garda a historia dunha familia de grandes mercantiles detrás. Xosé Fernández de Santillana era, no ano 1687, xeneral dunha das flotas que facían a carreira da India, este non só transitaba coa súa flota ata a India senón que tomaba rutas alternativas chamadas a ruta do café. Os indios nunca foron grandes bebedores de café . O producto adorado en occidente xa existía no sur de Asia durante séculos; segundo a historia os grans prodixiosos eran contrabandeados dende Yemen por un santo musulmán indio fai case 600 anos. Dende entón a producción do café floreceu nos estados de Karnataka, Kerala e Tamil Nadu, pero non así o consumo local. A presenza da colonia británica fixo dos grans un notable producto de exportación, pero como xa mencionei antes, os indios prefiren disfrutar dun té Chai. indios disfrutando do té Té Chai En Yemen, aparece a pla...