PACKAGING CAFÉ

PACKAGING CAFÉ

Para facer este traballo comecei investigando o producto, atopei o apelido Santillana, este apelido garda a historia dunha familia de grandes mercantiles detrás.
Xosé Fernández de Santillana era, no ano 1687, xeneral dunha das flotas que facían a carreira da India, este non só transitaba coa súa flota ata a India senón que tomaba rutas alternativas chamadas a ruta do café.

Os indios nunca foron grandes bebedores de café . O producto adorado en occidente xa existía no sur de Asia durante séculos; segundo a historia os grans prodixiosos eran contrabandeados dende Yemen por un santo musulmán indio fai case 600 anos.
Dende entón a producción do café floreceu nos estados de Karnataka, Kerala e Tamil Nadu, pero non así o consumo local. A presenza da colonia británica fixo dos grans un notable producto de exportación, pero como xa mencionei antes, os indios prefiren disfrutar dun té Chai.
indios disfrutando do té






Té Chai

En Yemen, aparece a planta de café a mediados do s. XV nos monasterios Sufi. O sufismo é un derivado da relixión musulmá cun aspecto místico do islam. En árabe "café" dise "Qahhwat", de ahí o nome da marca.
Yemen no mapamundi


Monasterio Sufi
preparación do café




Nestes monasterios faise unha celebración chamada os "Derviches" que son danzadores místicos, os cales levan unha vestimenta especial.
Derviches danzando
Derviches danzando


Por estas razóns e logo deste estudio, decidín facer este logo.
Logotipo
Información do producto
Información do producto 
Información do producto
O embase que empreguei foi un bote  porque me parece o máis adecuado para gardar o café, e que este non perda a súa esencia natural.


 BOCETAXE







Comentarios

Entradas populares de este blog

RETRATOS

ANUNCIO PUBLICITARIO